A Xunta destina 200.000 euros a mellorar saneamentos en Vilamarín

La Voz OURENSE / LA VOZ

VILAMARÍN

miguel villar

O parque empresarial e dúas vilas de Reádigos beneficiaranse das actuacións

26 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sacou a licitación varias obras en materia de saneamento para mellorar as prestacións neste sector en varios puntos do municipio. En conxunto, destináronse 200.000 euros á referida convocatoria.

Coas intervencións futuras búscase, en primeiro lugar, mellorar o servizo que se presta na zona industrial. En base ao proxecto elaborado por Augas de Galicia búscase «mellorar ou abastecemento do polígono industrial, cuxas captacións deficitarias fan que en época estival ou subministro sexa insuficiente». Tamén se mellorará a subministración a dous núcleos de poboación da parroquia de San Vicente de Reádigos. Para facer fronte a estas actuacións a Xunta achegará máis de 165.000 euros -o 82,6 % do investimento- e o Concello de Vilamarín asumirá o 17,3 % restante -uns 35.000 euros-.

As empresas interesadas en optar ás obras teñen de prazo para presentar as propostas ata o 23 de marzo.