Dúas saídas de vía en Verín e Vilamarín con feridos leves

La Voz OURENSE

VILAMARÍN

Cedida

Un dos condutores tivo que se rescatado e outro saíu polo seu propio pìe e avisou aos servizos de urxencias

27 dic 2019 . Actualizado ás 15:54 h.

Á primeira hora de estar tarde dúas persoas resultaron feridas leves en senllos accidentes ocorridos en Vilamarín e Verín.

O primeiro (Vilamarín) sucedeu ao redor de únaa da tarde na recta de Pitón na N-540. Por causas que se están investigando, o condutor perdeu o control do seu vehículo que se saíu da vía e quedou envorcado sobre a estrada. resultou ferido leve aínda que foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario.

O segundo accidente tivo lugar en Ábades, na estrada OU-310 que une Verín con Vilardevós. O condutor  dun camión saíu da vida, quedando o vehículo parcialmente envorcado. O home puido saír polo seu propio pé e avisar aos servizos de urxencias.