Verín corre polos misioneiros

La Voz

VERÍN

Carrera solidaria en Verín
Carreira solidaria en Verín CEDIDA

Máis de 350 persoas participaron na iniciativa solidaria

24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A parroquia de Verín e a Delegación Episcopal de Misións organizaron unha carreira popular para recadar fondos para os misioneiros. A actividade, que levou a cabo coincidindo co día do Domund, contou coa participación e solidariedade de centos de persoas.