Quenda para a obra «Xigante» en Verín

La Voz OURENSE

VERÍN

Cedida

O espectáculo teatral comezará ás 19.00 horas no auditorio verinés

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Ás 19.00 horas • Verín • 5 euros • Esta tarde chega ao auditorio de Verín a obra «Xigante», da compaña teatral A pequena Victoria Cen, un espectáculo familiar que combina circo e teatro. Os asistentes gozarán de acrobacias, poesía, malabares, danza e música. As entradas poden comprarse de forma «online» a través da web de Ataquilla.