Aurora López foi a encargada de ilustrar o cartel do Festival de Curtas de Verín

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

VERÍN

Aurora López ha diseñado el cartel del FIC de Verín
Aurora López deseñou o cartel do FIC de Verín Santi M. Amil

A deseñadora realizou unha imaxe inspirada en «A rosa púrpura do Cairo» de Woody Allen

20 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Aurora López naceu en Albarellos , en Monterrei, en 1971 e alí segue. «Estou moi vinculada á miña terra e a toda a zona de Verín», explica esta ilustradora. Poida que por iso a organización do Festival de Curtas verinés, o FIC Vía XIV, háxaa escollido para realizar o cartel desta edición, a sexta. Xa o fixo na terceira pero di que esta vez o encargo era máis especial. «Pedíronme unha homenaxe á La rosa púrpura del Cairo», afirma. «A min a peli encántame, especialmente a súa estética clásica con salas de cine de terciopelo vermello. Volvín vela de novo e ao final decidín centrarme na escena principal do filme, esa na que o protagonista sae da pantalla e recolle a un espectador», engade. Desta forma o cartel converteuse nunha versión de Woody Allen. Nel aparece debuxado un home que transcende esa pantalla de cine e introduce para dentro a unha muller entre o público. «Iso é o que queremos que ocorra con esta edición do FIC, que o público se introduza nas curtas e desfrute de todas elas», continúa Aurora. A deseñadora, que está a piques de sacar a súa propia liña de suadoiros e camisetas pintadas a man, non se esqueceu de ningún detalle. A espectadora que está a piques de ser introducida na pantalla leva máscara, por varios motivos. «Esa muller somos todos e agora mesmo todos levamos máscara. Ao mesmo tempo é unha reivindicación de que a cultura é segura e tamén un recordo da actualidade que quedará para sempre reflexado no cartel de esta sexta edición», explica. Pero é que a Aurora o que máis lle gusta do seu traballo é o poder divertirse creando. Por iso o resto do público que aparece debuxado no cartel son personaxes moi especiais: «Pintei ao propio Woody Allen e a algúns máis, todos cineastas recoñecidos e recoñecibles, así que agardo que a xente se divirta tamén adiviñando quen son».