A tradicional bebida de cor verde é a Peza do Mes do Claustro Mercedario, que pode consultarse no seu perfil de Facebook
14 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.O Museo Claustro Mercedario de Verín acaba de presentar, a través das súas redes sociais, a nova Peza do Mes. Nesta ocasión trátase dunha homenaxe moi especial relacionado co tamén especial entroido que vive a comarca, e a provincia, neste ano marcado pola pandemia. Trátase de «A botella de xastré», unha bebida popular en Verín e considerada «musa do entroido», segundo explican desde o museo. Por este motivo decidiron destacar a súa historia e a súa etimología.
Tal e como explican, en 1903 os monxes Cartuxos comezaron en Tarragona a elaboración deste elixir a base de augardente e unha fórmula secreta de herbas que lle dan a cor verde. Anos máis tarde chegaría á comarca de Monterrei, onde seguen a súa propia receita, sempre elaborada de forma caseira. O «xastré» é unha bebida alcohólica moi popular principalmente en Laza, onde o seu consumo é habitual durante a celebración do entroido.
La Peza do Mes do Claustro Mercedario pode consultarse no perfil de Facebook do museo.