Podo tomar os churros de Ano Novo en Verín?

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

VERÍN

Los churros son un imprescindible de Año Nuevo
Os churros son un imprescindible de Ano Novo XOAN CARLOS GIL

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas. Hai sete concellos ourensáns con normas máis duras

29 dic 2020 . Actualizado ás 11:19 h.

Esta medianoite entran en vigor as novas restricións nos concellos de Verín, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei e Xinzo de Limia, que se unen ás que xa afectan os veciños da Rúa de Valdeorras e Sarreaus desde fai un par de semanas. Cada caso ten as súas peculiaridades, pero teñen trazos en común como o peche perimetral e que a hostalería ten que pechar o enreixado ás seis da tarde.

A hostalería aberta ata as seis?

Si, desde mañá mesmo a hostalería nos concellos en niveis de restrición alto e medio-alto poderán abrir ata as seis, e non ata as cinco como recolle a norma actual. É un cambio que se porá en marcha na véspera de Fin de Ano e que se manterá no tempo, segundo anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Afecta os sete que teñen restricións na provincia.

E en Fin de Ano? 

O mesmo. Non hai cambios. A hostalería terá que pechar ás seis da tarde neses concellos. No resto da provincia, mantense o peche ás once da noite.

E podo tomar os churros de Ano Novo en Verín?

Si, sempre que o teu lugar de residencia sexa Verín, Monterrei, Castrelo de Val ou Cualedro. Os catro concellos entran a medianoite nun peche perimetral conxunto, así que os veciños poderán moverse libremente entre eles. Se o teu lugar de residencia é calquera outro concello, non poderás adozarche a entrada do 2021 en Verín.

A que hora abren os bares o día 1?

Ás once. Actualmente, todos os locais de hostalería (con licenza para tal) poden abrir ás seis da mañá, que é cando se levanta o toque de queda. Salvo o día 1. Para evitar a picaresca de que a xente faga festas privadas en Fin de Ano e despois queiran seguir polos bares desde as seis, o día de Ano Novo a hostalería non pode abrir ata as once da mañá.

Tamén en Ourense, que non ten restricións? 

Si, en todos os concellos de Galicia. O día 1 non se pode abrir o enreixado ata as once da mañá.

Vivo na Rúa e os meus pais en Verín. Podo pasar Fin de Ano con eles?

Si. Desde mañá pola mañá ata o venres ás 23.00 horas está permitida a libre circulación con destino ou saída en concellos con peche perimetral para ver a familiares. Só para iso. 

E podo aproveitar para quedar cos amigos para os churros?

Non. A mobilidade está permitida para os reencontros familiares; e tamén por causas sanitarias, educativas ou de coidado a dependentes. Non está permitido aproveitar esa circunstancia para irse de compras ou a comer churros. Iso terá que agardar.

Vivo en Ourense e os meus avós están en Xinzo. Podo ir visitarlles nas festas?

Si. Aínda que desde a Consellería de Sanidade se recomenda celebrar estas datas só con convivientes, está aberta a posibilidade de reunirse varias unidades de convivencia. Iso si, en caso de ser máis de dous grupos de persoas que vivan xuntas, o límite de adultos que poden reunirse é de seis.

E en Reyes, poderei ir ver aos meus pais a Sarreaus? 

Pois depende de como evolucione a situación. O luns volve reunirse o comité clínico e decidirá se levanta ou impón novas restriccciones, nos sete concellos con medidas en vigor ou noutros distintos. Así que a día de hoxe aínda non se coñece como será o día de Reis na provincia de Ourense, nin en ningún outro concello de Galicia.