Falece o ex adestrador do Verín Nikola Spasov

La Voz OURENSE

VERÍN

VERIN Cf

O búlgaro dirixiu ao equipo verinés na tempada 1997/98

25 novs 2020 . Actualizado ás 16:59 h.

O que fose adestrador do Verín CF na tempada 1997/98, o búlgaro Nikola Spasov, faleceu o 23 de novembro de 2020 na localidade búlgara de Montana aos 61 anos, a consecuencia do covid. Segundo recolle o club verinés nas súas redes sociais. Spasov empezou a súa carreira como adestrador despois de xogar profesionalmente ao fútbol na Liga Portuguesa, onde formou parte dos persoais do Pasos de Ferreira, Rio Ave, Beira-Mar ou Farense. O Verín foi un dos primeiros equipos aos que adestrou ao comezar esta actividade, que logo continuou en clubs de Portugal e de Bulgaria.

Co Cherno More foi campión da Copa de Bulgaria na tempada 2014/15 e da Supercopa na 2015/16. A noticia do falecemento tivo eco entre os seguidores do Verín e o recordo de xogadores que adestraron ás súas ordes.