Verín incrementa a axuda para Protección Civil

La Voz

VERÍN

cedida

A agrupación contará cun 18 % máis de fondos neste 2020

29 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Verín incrementará a súa aposta pola seguridade e a protección incrementando nun 18 % a dotación que se destina á agrupación local de Protección Civil. O alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, e o presidente dá Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araújo, asinaron este xoves o convenio para o exercicio do ano 2020. No acto Gerardo Seoane fixo público «novamente  o agradecemento polo labor totalmente desinteresado e altruísta que os voluntarios veñen prestando, ano tras ano, en beneficio de todos os verineses», destacando especialmente «o seu papel fundamental durante o actual estado de alarma velando sempre por quen máis o necesita, realizando traballos como o de aprovisionamento de alimentos e medicinas ou o de reparto de material escolar»