O Festival de Curtas de Verín pasará a celebrarse en setembro

La Voz OURENSE

VERÍN

Será do 5 ao 13 de setembro

08 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Festival Internacional de Curtas de Verín celebrará a súa quinta edición do 5 ao 13 de setembro, o que supón un adianto de data para intentar captar máis visitantes, segundo os organizadores e aproveitar o potencial da época estival, con proxeccións ao aire libre. Está aberto, ata o 31 de maio, ademais o prazo para o envío de obras a concurso nas distintas seccións.