Verín busca familias de acollida para nenos saharauís no verán

La Voz OURENSE

VERÍN

O Concello sufragará a viaxe de dous nenos desde o Sahara

07 mares 2020 . Actualizado ás 13:29 h.

O Concello de Verín sufragará este ano o custo de traer a dous nenos saharauís a pasar os meses de xullo e agosto na localidade, pero precisa unha familia acolledora (xa teñen outra) que poida facerse cargo dun dos rapaces durante ese tempo. Os interesados poden recibir máis información en Servizos Sociais.