Verín abre a súa tenda de produtos oficiais do entroido

La Voz OURENSE

VERÍN

CEDIDA

Os beneficios destínanse a sufragar os actos festivos

18 feb 2020 . Actualizado ás 20:27 h.

O Concello de Verín abriu a tenda oficial do entroido, situada nun local na praza García Barbón. En horario de doce a dous e de cinco a nove, veciños e visitantes poden facerse con suadoiros (a 18 euros), camisetas (a 10), panos (a 3), cuncas (a 7) e chapas (a 1,5 euros) co lema «Eu son entroido».

A iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar os actos do entroido.