Multitudinario domingo corredoiro

m. rodríguez OURENSE / LA VOZ

VERÍN

Santi M. Amil

Cigarrones e pantallas saíron con entusiasmo en Verín e Xinzo onde houbo centos de traxes tradicionais

17 feb 2020 . Actualizado ás 13:58 h.

As tradicións do entroido mestúranse coas ganas dunha festa que está a piques de explotar por toda a provincia. Como xa explotaron as vexigas en Xinzo de Limia na primeira saída das pantallas no corredoirodomingo . Pero non só pantallas houbo en Xinzo. O entroido limiano destaca pola súa imaxinación e as parodias -a escena da rotonda que non estaba antes para o condutor bébedo ao que parou a Garda Civil, o Jácome replicado no seu propio centro de intelixencia artificial- non faltaron polas rúas da vila antelana.

En Verín a tradición pona o cigarrón e é un personaxe que está moi vivo, como se demostrou cos centos que se concentraron e desfilaron antes de recibir aos fregueses á saída de misa, como marca o costume. «Que se escoiten esas chocas!» fue a arenga para empezar o desfile de cigarróns, e ben que se escoitaron, cun son que estará moi presente por todo Verín nos próximos días. O metálico son fíxose sentir polas principais rúas verinesas.

Na cidade, as parroquias rurais de Seixalbo e Eiroás tamén gozaron das súas tradicións e dos seus personaxes. En Seixalbo, a recollida dos mecos Paquita e Nicanor propiciou unha gran festa, con piñata e pregón, e en Eiroás, numerosas pitas saíron á praza. Era o oleiro domingo e en Eiroás xogaron a lanzar as vasijas. Todo no medio da música e a troula que marcan o ritmo desde xa.