Abandonan a dous cachorros de mastín nun cubo no centro de Verín

Sindo Martínez CORRESPONDENTE /VERÍN

VERÍN

cedida

Proanimales censurou a proliferación destes feitos na localidade

17 feb 2020 . Actualizado ás 14:00 h.

A asociación Proanimales de Verín fíxose cargo de dous pequenos cachorros de raza mastín que apareceron esta fin de semana nun soar a escasos metros do ambulatorio de Verín. Os pequenos animais de poucos días de vida atopábanse dentro dun cubo de plástico con algo de palla no seu interior. A responsable desta agrupación, Nieves Gascón, censurou este tipo de abandonos de mascotas que son cada vez máis habituais na vila verinesa. Durante os últimos anos, producíronse en Verín numerosos casos de desamparo de canes abandonados ou deixados en camiños ou cunetas despois de ser atropelados. Noutras ocasións, estas actuacións contra as mascotas provocaron a apertura de dilixencias xudiciais, como cando fai un par de anos un veciño de Vilela foi apresado por matar a machadazos a un dos seus cans.