San Antón quítase o frio e cociña na fogueira

La Voz OURENSE / LA VOZ

VERÍN

A romaría de Ábedes en Verín volveu congregar por centos de persoas que gozaron do festivo

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

En Verín o venres era un día marcado en vermello no calendario. A romaría de Ábedes, en honra a San Antón, non defraudou e volveu encher os montes de grupos para gozar dunha xornada en familia e con amigos. Ao ser festivo, a afluencia de público sempre é elevada e este ano, o feito de que coincidise a venres axudou a que as cuadrillas acudisen á comida, con menús a base de churrascos. Non falla, nin moito menos, a orixinalidade á hora de montar as mesas. Tampouco falta a devoción, cunha misa en honra a San Antón ao aire libre. Trátase dun prólogo para o que queda por diante en Verín, co entroido ao virar a esquina.