O FIC Verín ofrece unha selección de curtametraxes de Cuba

s. martínez VERÍN / LA VOZ

VERÍN

cedida

O festival rende homenaxe á actriz Mabel Rivera

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Auditorio de Verín acolleu o pase dunha retrospectiva de curtos cubanos actuais. Esta mostra, seleccionada pola produtora e directora artística de orixe cubana Claudia Expósito, «pretende tender pontes entre Verín e Cuba a través do cine». Esa unidade foi destaca polo director do FIC Vía XIV, Carlos Montero. A retrospectiva exhíbese en dous bloques diferentes. «Constitúe o perfecto exemplo da vocación social que ten o noso certame por achegar aos espectadores realidades e culturas diversas, a través da sétima arte», considera Montero.

Homenaxe a Mabel Rivera

Os espectadores que acudiron ao auditorio puideron visionar os curtos gañadores no último Festival Internacional de Curtos de Comedia de Allariz, RIR, que xa celebrou dúas edicións.

O FIC rende homenaxe esta tarde a Mabel Rivera. Será ás 20.30 horas no Auditorio.