Unanimidade en Castrelo do Val para reclamar a reapertura do paritorio de Verín

La Voz OURENSE

VERÍN

El pleno aprobó por unanimidad reclamar la reapertura del paritorio del hospital de Verín
O pleno aprobou por unanimidade reclamar a reapertura do paritorio do hospital de Verín CEDIDA

O pleno destacou a progresión diminución das prestacións sanitarias no hospital

12 dic 2019 . Actualizado ás 19:44 h.

O pleno de Castrelo do Val aprobou por unanimidade unha declaración institucional reclamando á Xunta a reapertura do paritorio no hospital de Verín. No documento destácase «a diminución progresiva das prestacións sanitarias no hospital comarcal e tamén na atención primaria na comarca. Non só se trata do paridoiro ou das urxencias pediátricas, cuestións importantísimas para o asentamento poboacional, senón os déficits que vimos padecendo en moitos dos servizos, tales como cirurxía, traumatoloxía, dermatoloxía, anestesia ou paliativos, rexeitamos a decisión da Xunta e do Sergas porque non somos números, somos persoas con dereitos en pé de igualdade con outras zonas», explicou o alcalde, Vicente Gómez.