Acaba en prisión tras a súa quinta vez ao volante sen ter sacado xamais o carné de conducir

La Voz OURENSE

VERÍN

Antonio Cortés

O condenado xa fora detido outras catro veces por delitos contra a seguridade viaria en Verín, Ourense e Xinzo

12 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home interceptado en maio do 2018 en Verín foi condenado a sete meses de cárcere despois de que se constatase que incorreu nun delito contra a seguridade viaria. O condenado, un vello coñecido das forzas de seguridade, foi detectado ao volante dun vehículo sen o permiso de conducir pertinente, que nunca chegou a obter. Con todo, xa fora detido outras catro veces polos mesmos feitos en Verín, Ourense e Xinzo.