Contacontos con Raquel Queizás en Verín

La Voz

VERÍN

A cita familiar é na biblioteca

11 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 18.00 horas • Biblioteca de Verín • Un espectáculo de narración oral con monicreques. Iso é «Travesías», o espectáculo de Raquel Queizás ofrecerá esta tarde na biblioteca de Verín. Son varios contos que buscan transmitir valores de igualdade e respecto á convivencia entre homes e mulleres, así como entre nenos e nenas. A entrada é gratuíta.