Verín forma a futuros profesionais en atención sociosanitaria

A iniciativa do Concello estase a desenvolver na Casa da Xuventude


A Casa da Xuventude de Verín acolle un «Curso de atención sociosanitario a persoas dependentes en institucións sociais» no que están a participar quince alumnos. As persoas que completen esta acción formativa conseguirán o certificado de profesionalidade nivel 1 -titulación mínima necesaria para traballar en institucións xerontolóxicas que se esixirá a partir do ano 2020- que os capacitará para atender de maneira óptima a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando estratexias e procedementos profesionais destinados a manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna. Para desenvolver este proxecto formativo o Concello de Verín conta cunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O curso desenvolverase ata o día 1 de xullo.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Verín forma a futuros profesionais en atención sociosanitaria