A linguaxe cara aos maiores

La Voz OURENSE

VERÍN

CEDIDA

Máis de 260 persoas participaron nos talleres «Cambios na fala, cambios na mente» do Concello de Verín

05 feb 2019 . Actualizado ás 20:42 h.

Máis de 260 persoas participaron nos talleres «Cambios na fala, cambios na mente» organizados pola área de psicoloxía de servizos sociais do Concello de Verín. Impartidos polas psicólogas Encarna Álvarez e Mercedes Lijó, buscaban concienciar ás persoas da necesidade de cambiar a forma na que falamos aos maiores. O obxectivo era localizar os estereotipos e tratar de erradicalos. Os talleres desenvolvéronse nos institutos e entre diferentes colectivos, como o persoal de axuda a domicilio, que traballan habitualmente con persoas maiores.

Desde servizos sociais de Verín cualifican de éxito rotundo os talleres e destacan que os asistentes «forman parte activa do mesmo en todo momento, participando en pequenas dinámicas que reflicten situacións cotiás da vida, nas que a linguaxe merma claramente a autoestima dos nosos maiores». Así mesmo, os responsables do proxecto tamén destacaron que do 99 % das persoas maiores do rural responderon «non» á pregunta de se se sentían maiores.