«Non saias de casa que che meto a cachava na cabeza»

La Voz OURENSE

TRASMIRAS

Istock

Investigan a unha moza de Trasmiras por ameazar a outra de Xinzo polas redes sociais

28 ene 2020 . Actualizado ás 12:24 h.

A Garda Civil de Xinzo de Limia tomou declaración en calidade de investigada a N.M.R, de 22 anos de idade, veciña de Trasmiras, como presunta autora dun delito de ameazas e calumnias. Foi denunciadas por unha veciña de Xinzo de Limia que asegurou que os feitos ocorren desde fai catro anos a través de redes sociais e chamadas telefónicas. Aínda que nun primeiro momento descoñecía quen estaba detrás das mensaxes, finalmente descubriuse. Entre outras ameazas escribiulle: «Non saias de casa que che meto a cachava na cabeza».  O caso será visto polo xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.

Roubo con abrazo

Ademais, a Garda Civil de Ourense investiga a S.A, de 35 anos de idade, veciña de Ourense, como presunta autora dun delito de furto. A denuncia presentouna o pasado 18 de decembro un veciño de 82 de Castro Caldelas. Relatou que tras ofrecerlle uns chisqueiros e darlle un abrazo, subtraeulle unha carteira que contiña 1.250 euros. O caso trasladouse ao xulgado de instrución de Trives