A Xunta destinou 365.000 euros a rehabilitar seis vivendas en Rubiá

La Voz

RUBIÁ

cedida

O delegado provincial, Gabriel Alén, visitou as instalacións

27 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou as obras de rehabilitación de seis vivendas nun edificio en Rubiá. O inmoble atópase na rúa Terra do Souto e no mesmo investíronse 365.000 euros, repartidos en varias anualidades. Na súa visita ás vivendas rehabilitadas grazas aos fondos autonómicos, o delegado da Xunta estivo acompañado polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez. As obras nas antigas vivendas dos mestres están a ser acometidas en base a axudas do Fondo de Cooperación, unha liña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda «para ou apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes». Na súa visita a Rubiá, Gabriel Alén aproveitou para invitar os concellos da provincia a presentar os seus proxectos á convocatoria deste ano, lembrando que o prazo para facelo está aberto ata o 1 de outubro.