A rotura de dous postes telefónicos obriga a cortar unha estrada en Riós

La Voz

RIÓS

lucia

O tendido quedou atravesado sobre o viario que une As Ferreiras e Romaríz

17 abr 2019 . Actualizado ás 21:47 h.

A caída dun tendido de Teléfonica pola rotura de dous postes que sustentaban o cableado, obrigou este xoves a a  Garda Civil a cortar a circulación na estrada que une as localidades das Ferreiras e Romariz, en Riós. Os postes estaban a ambos os dous lados da calzada e o cableado quedou atravesándoa. Afortunadamente este núcleo de poboación dispón doutro acceso para vehículos, que os veciños que se movan entre ambas as poboacións deberán utilizar mentres non se resolva o problema