Ribadavia celebra o Día do Libro cunha semana de descontos

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

Cedida

As librerías Mafranch, Follas Novas e Goyma farán do 19 ao 25 de abril unha rebaixa do 20 %

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A próxima semana, do 19 ao 25 de abril, Ribadavia celebrará o Día do Libro con distintas actividades. Será a súa propia Semana do Libro, unha iniciativa do Concello que contará con descontos do 20 % nas publicacións que se compren en librerías do municipio. 

A campaña, que pretende  fomentar a lectura entre os veciños, consistirá na aplicación directa desa rebaixa no prezo, cuxa diferenza económica asumirá o goberno ribadaviense. A oferta será acumulable a outras que poida haber de antemán no comercio pero non permitirá a devolución posterior do libro.

As librerías Mafranch, Follas Novas e Goyma participan na iniciativa.