Seis novos brotes en Ribadavia, Ourense, Baltar e Xinzo suman 30 contagios

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

Autocov en el CHUO en Ourense
Autocov no CHUO en Ourense MIGUEL VILLAR

Os focos de infección son de orixe social ou familiar

30 sep 2020 . Actualizado ás 21:24 h.

Seis novos brotes foron detectados na provincia de Ourense nas últimas horas. Catro concéntranse na capital, que segue sendo o municipio con maior índice de focos e casos positivos, con preto de 300 persoas infectadas. Hai dous brote de índole familiar que afectan a catro persoas cada un. Nun son dous homes, de 53 e 16 anos, a unha muller de 49 anos e a un menor; mentres que no outro se agrupan dous homes, de 65 e 53 anos, un mozo de 16 e unha muller de 56. Tamén son catro os infectados nun foco de orixe social: catro homes de 53, 33, 22 e 33 anos. E seis mulleres de 40, 20, 18, 17, 42 e 25 anos compoñen o cuarto foco, de orixe social e familiar.

En Ribadavia hai un novo foco que afectan a 4 persoas dunha mesma familia. Trátase dunha muller de 29 anos, un home de 31 e dous menores.

Ademais hai oito persoas dunha mesma familia, residentes en Baltar e Xinzo de Limia, que están contaxiados. Trátase dun home de 70 anos, catro mulleres de 28, 32, 65 e 33 anos e 3 menores.

Aos seis novos focos súmase a ampliación de casos nun xa existente, comunicado onte. Aos dous homes de 51 e 33 anos, e dúas mulleres de 25 e 48 anos cuxos positivos se coñeceron o luns únese agora un home de 54.