O Corpiño recompila os milagres da Virxe, un a un neno de Ribadavia

La Voz LALÍN / LA VOZ

RIBADAVIA

Cedida

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os fieis que acoden ao santuario do Corpiño, trasladan a miúdo ao reitor do santuario do Corpiño, José Criado, curacións milagrosas que achacan á Virxe. Testemuños que o reitor quere recompiar nun libro para deixar constancia deles.

O pasado domingo, no percorrido do Camiño dous Pastorciños, unha muller integrante do coro de Francelos, de Ribadavia, contou a Criado o ocorrido ao seu fillo fai uns 30 anos. Unha curación milagrosa que achaca á Virxe. Explicoulle que o pequeno naceu cun problema nun tendón, que era dobre. O médico, tras realizarlle unha radiografía, díxolle que había que operar. A muller explicou que foi co pequeno ao santuario do Corpiño e tamén á fonte dos Dolores , de Montouto, onde se atopa unha capela e onde lavou ao pequeno a extremidade.

Cando tiña que operarse, dixo que o médico lle fixo unha nova radiografía e despois unha segunda asombrado de que o problema desaparecese. A nai do rapaz, que hoxe ten 34 anos e é profesor de música, contou a Criado que tiña as radiografías do antes e do despois e aseguroulle que o médico non atopara unha explicación científica á desaparición dese tendón sobrante. A muller quedou en enviar ao santuario o seu relato por escrito e achacaba á Virxe do Corpiño unha segunda curación que consideraba milagrosa doutro mal posterior sufrido polo seu fillo.