A asociación Rebulir doou 561quilos ao banco de alimentos

La Voz OURENSE

RAMIRÁS

rebulir

O colectivo cultural de Ramirás fixo provisión de alimentos e bebidas durante unha campaña do Nadal

12 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación cultural Rebulir, de Ramirás, doou 561 quilos de comida ao banco de alimentos de Ourense. A recollida de produtos enmarcouse dentro dunha campaña do Nadal e nutriuse das achegas dos membros da asociación e dos veciños de Ramirás. Unha parte importante procedeu dos fondos do Festival Internacional Rebulir, que se celebrou en decembro, aínda que este ano de forma virtual.

Non é a primeira iniciativa solidaria dos colaboradores de Rebulir, que noutros momentos contribuíron en campañas de doazón de medula, de sangue ou de prevención da violencia de xénero. Segundo a entidade, desta forma os mozos desenvolven un compromiso coa comunidade, que recibirá o retorno de aprendizaxes baseadas na responsabilidade individual.