Sesenta metros de belén para as Clarisas

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

RAMIRÁS

Antonio Taboada Reza realizou durante un ano un nacemento enorme para o mosteiro de Vilar de Astrés

23 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Todo é froito do traballo minucioso, durante máis dun ano, do fregués Antonio Taboada Reza. Aos poucos e día a día foi construíndo un belén que agora por fin ve a luz na igrexa do mosteiro de San José das Clarisas, en Vilar de Astrés. «Todos os anos construía para elas un pequeno nacemento con brión pero tiña a ilusión de facerlles algo que puidese quedar permanente», explica este veciño de Ramirás. Non lle falta detalle: están representados o pesebre, os Reis Magos, os pastores... «Todos os Misterios están reflectidos no belén, desde o inicio da tradición con Francisco de Asís en Grecia», conta Antonio. Mide máis de sesenta metros e xa que logo dá para moito. Ten un río e cinco fontes que botan auga, unha horta, o taller do carpinteiro, do oleiro ou do panadeiro; e está feito con espuma e con madeira. «Son moi fiel ás Clarisas, son unha comunidade moi especial, e leste é o meu gran agasallo para elas», afirma o ourensán. A inauguración do nacemento será este luns, ás seis da tarde, e contará coa actuación de Rebulir  e de María do Ceo.