1989: Os materiais dunha presa matan troitas no río Deva

La Voz

QUINTELA DE LEIRADO

Santi M. Amil

No medio quilómetro da canle, en Quintela de Leirado, rexistrábase a mortaldade dos peixes

16 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O derrubamento parcial dunha minicentral hidroeléctrica aínda en construción, a causa do temporal de choiva rexistrado na provincia, provocou a morte por envelenamento de troitas no río Deva, no termo municipal de Quintela de Leirado. A forte choiva provocou o desbordamento do Deva á altura do quilómetro 21 da estrada OR-411, o que produciu o derrubamento dunha parte da minicentral de San Miguel, que constrúe unha empresa de Sigüeiro. A pesar de que neste momento traballaban varios obreiros, non se rexistrou ningún dano persoal. O cemento e varios produtos químicos que se desprenderon da obra envenenaron as augas do río Deva, rico en peixes, e causaron a cegueira e logo a morte de numerosas troitas. Fuentes oficiais sinalan que os peixes apareceron mortos nun tramo de 500 metros. A Garda Civil de Pontebarxas e técnicos da Xunta recolleron mostras.