Quintela de Leirado mellora a ruta do Miradoiro

La Voz OURENSE

QUINTELA DE LEIRADO

cedida

O Concello investiu 20.000 euros en mellorar os camiños e a sinalización

14 ene 2019 . Actualizado ás 14:39 h.

O Concello de Quintela de Leirado recibiu unha axuda da Xunta de 20.000 euros para mellorar a ruta de sendeirismo do Miradoiro. Nos 10 quilómetros do percorrido melloráronse os camiños existentes e acondicionáronse tamén zonas que ata agora estaban intransitables. Os traballos consistiron en rózaa e limpeza da zona, a instalación de sinais de orientación e de mobiliario.

A delegada da Xunta, Marisol Díaz, visitou os traballos acompañada do alcalde, José Antonio Pérez.