A Xunta financia a contratación de 190 persoas nos concellos da provincia

La Voz OURENSE

QUINTELA DE LEIRADO

Santi M. Amil

Na provincia benefícianse do programa 85 dos seus 92 concellos

22 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, informou onte da resolución da convocatoria de axudas do programa Aprol Rural, que facilita financiamento aos concellos para a contratación de persoal. Grazas a esta iniciativa se mobilizaron 2,1 millóns de euros que servirán para que os concellos beneficiarios (85 dos 92 que hai na provincia) contraten a 190 persoas.

A Xunta destaca as axudas concedidas aos coñecidos como «concellos emprendedores», é dicir, os que se adheriron ao convenio entre a Administración autonómica e a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para fomentar a captación de investimentos. Estes recibirán de media ao redor de 22.000 euros máis que o resto. No caso de Ourense son os concellos da Teixeira, Montederramo, San Cristovo de Cea, Oímbra, Cortegada, Quintela de Leirado, Cenlle, Monterrei, Bande, Vilamarín, Cualedro e Pontedeva.