Subvención de 28.000 euros para obras na consistorial de Pontedeva

La Voz

PONTEDEVA

cedida

A achega da Xunta tamén servirá para mellorar un parque infantil

13 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado da Xunta e a directora xeral de Administración Pública, Gabriel Alén e Natalia Prieto, visitaron as obras que se están desenvolvendo no municipio. O executivo autonómico destinou unha partida de 28.000 euros ás obras de mellora que executan na casa consistorial e nun parque infantil do municipio.

Desde Vicepresidencia da Xunta destacouse a colaboración que se mantén con Pontedeva e lembrouse que o municipio recibiu nos últimos anos 860.000 euros en subvencións para desenvolver diferentes actuacións en proxectos acometidos no termo municipal. A colaboración entre ambas as institucións, ou a través da Mancomunidade Terras de Celanova, deu resposta nestes anos ás demandas expostas desde Pontedeva.