Piñor contará cun novo albergue de peregrinos con caballerizas

La Voz OURENSE / LA VOZ

PIÑOR

cedida

O delegado da Xunta, Gabriel Alén mantivo unha reuniónes co alcalde, José Luís González

25 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, visitou os concellos de Vilamarín e Piñor, onde mantivo reunións cos seus alcaldes, Amador Vázquez e José Luís González, respectivamente. En Vilamarín, trataron temas deportivos, de infraestruturas e saneamento. O delegado destacou as obras de mellora de abastecemento ao parque empresarial e aos núcleos das Quintás e A Ría , por un importe de máis de 165.000 euros, que comezaron fai uns días. No polígono empresarial levan investidos desde o ano 2016, da man de Vicepresidencia, destinada a este tipo de infraestruturas, preto de 300.000 euros.

En Piñor, o delegado territorial da Xunta e o rexedor, trataron sobre a redacción do proxecto da segunda fase dá travesía do Reino.

Gabriel Alén tamén se interesou polo proxecto de construción dun novo albergue para peregrinos, que ascende a preto dun millón de euros, e cuxa singularidade é que contará con cabalerías para aquelas persoas que opten por facer o Camiño de Santiago dacabalo. Un recurso peculiar que porá no mapa dos sendeiristas este futuro complexo.