O PSOE manterá con soldo ata maio ao seu exportavoz na Deputación ourensá

Francisco Fraga foi relevado por dubidar da súa continuidade no partido, pero seguirá cobrando unha dedicación parcial


Ourense

Despois de que Pachi Vázquez, exsecretario xeral do PSdeG, anunciase a súa baixa como afiliado, o portavoz socialista na Deputación ourensá, Francisco Fraga, arroupou ao carballiñés e incluso puxo en dúbida a súa propia continuidade como militante. Por mor desas declaracións, o partido decidiu relevalo na portavocía do PSOE na institución provincial e inicialmente acordouse que tamén perdería o seu soldo por dedicación exclusiva ao cargo. Con todo, finalmente Fraga seguirá tendo un salario. Así o acordou o grupo socialista na Deputación.

O presidente provincial, José Manuel Baltar, aprobou os cambios acordados internamente polo PSOE, de modo que Fraga pasará de cobrar unha dedicación exclusiva de 40.999,98 euros anuais a unha parcial ao 75 % de 30.750 euros. Intercámbiase en salarios con Miguel Bautista, alcalde de Petín, que antes a tiña de 75 % e agora pasa a exclusiva. Finalmente, Elvira Lama, a nova portavoz do grupo socialista, mantense cunha dedicación parcial do 75 %, a mesma que tiña ata agora.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

O PSOE manterá con soldo ata maio ao seu exportavoz na Deputación ourensá