O GDR Valdeorras financiou 17 proxectos en dúas convocatorias

La Voz OURENSE / LA VOZ

PETÍN

CEDIDA

Axudarán financieramente á creación de catro novas empresas e á ampliación doutras existentes

09 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR7) de Valdeorras aprobou a concesión de axudas, por valor de 942.000 euros para financiar 17 proxectos que teñen un orzamento total de 1.854.638 euros. Foron dous as convocatorias do plan Leader neste 2018.

A presidenta do GDR, María del Carmen González, presentou o balance destas dúas convocatorias despois de recibir os informes favorables do Agader aos proxectos do segundo prazo.

Na segunda convocatoria, indicou González, aprobáronse cinco proxectos, tres produtivos e dous non produtivos, que suman un orzamento de 492.903 euros e aos que se outorga un financiamento de preto de 253.000 euros. A presidenta do GDR destacou que, tanto este ano como o pasado, acadaron o 100% do financiamento previsto.

Entre os proxectos produtivos prevese a creación de catro novas empresas, unha para fabricar xeo criogénico na parroquia barquense da Proba; tamén hai axudas para algunhas xa existentes, como a modernización dunha planta de gas ou a ampliación dunha adega. Nos proxectos non produtivos están a ampliación do parque público de Petín e a restauración dunha capela.