Axudan a descender a unha autocaravana atrapada pola neve no alto do Rodicio

LA VOZ OURENSE

PARADA DE SIL

LUCÍA

Efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Parada de Sil rescataron aos viaxeiros procedentes da Costa da Morte

01 ene 2021 . Actualizado ás 21:27 h.

A garda civil de trafico levou a cabo, en colaboración con Protección Civil de Parada de Sil, o rescate dunha autocaravana atrapada na neve. Tratábase dunha parella de habitantes de a Costa da Morte, que viaxaba con dous fillos menores de idade e trataba de subir á zona dos eólicos do Alto do Rodicio, partindo desde Xunqueira de Espadañedo.

O vehículo non podía subir pola neve e non se atrevían a retroceder, polo que foron finalmente auxiliados polos citados integrantes da agrupación de Protección Civil e polos axentes da Garda Civil de Tráfico, para descender desde o punto máis afectado pola neve caída.