A Festa dá Pisa en Parada de Sil

La Voz OURENSE

PARADA DE SIL

CEDIDA

Centos de veciños participaron na tradicional celebración vinculada ás castañas

16 novs 2019 . Actualizado ás 19:13 h.

Parada de Sil reuniu o sábado por centos de persoas que non se quixeron perder unha celebración tan tradicional como a Festa dá Pisa. Non faltou o proceso de descacarillado e limpeza artesanal das castañas secas. Tamén houbo unha mostra de produtos locais para a súa venda e unha comida popular, que contou cunha elevada presenza de comensais.