Os proxectos de turismo copan as axudas do GDR Sil-Bibei

La Voz O Barco / LA VOZ

PARADA DE SIL

As axudas impulsarán obras no sector privado por máis de 290.000 euros

23 abr 2018 . Actualizado ás 17:22 h.

As iniciativas relacionadas co turismo copan os proxectos empresariais privados presentados para lograr axudas do GDR Sil-Bibei-Navea. Son as peticións de emprendedores que queren abrir o seu negocio ou amplialo en Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives, Castro Caldelas e Parada de Sil. Son maioría as relacionadas co turismo, pero non as únicas. Tamén hai quen aposta por ampliar as súas empresas de construción ou o seu comercio de abonos e simientes. Segundo os proxectos presentados -que a directiva xa ha envidado ao Agader para a súa verificación- este ano executaranse obras no sector privado por valor de máis de 290.000 euros. En total, para este ano o GDR teñen 361.000 euros para axudas (inclúense os proxectos dos concellos).