Adornos reivindicativos

M. Rodríguez OURENSE

PADERNE DE ALLARIZ

En Neboeiro, Paderne de Allariz, os veciños fixeron unha decoración comunal do pobo e reclaman unha conexión a Internet moderna

17 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

En Neboeiro (Paderne de Allariz) o Nadal vén adornada con motivos naturais, confeccionados colectivamente e a man por un grupo de veciños, e cun punto de reivindicación. Un grupo de residentes de Neboeiro, aldea na que habitan unha vintena de persoas, decidíronse a decorar o pobo para animar á xente maior neste ano difícil polo covid, explica Pilar Movilla, unha das promotoras. «En intres libres, as fins de semana, empezamos uns poucos a facer cousas, con madeira, piñas, teas e material reciclado. Publicámolo en Facebook e está a vir xente a velo». A iniciativa ten tamén unha finalidade reivindicativa, de dar a coñecer unha reclamación que o pobo vén facendo desde algún tempo. Que se dóteselles de fibra óptica para poder ter boa cobertura de Internet para estudar e traballar. Chamaron ao Concello, á oficina de banda longa do Ministerio, «que non contesta nunca» e ao 1004, sen resposta.