Licitan as obras da gardería de Paderne de Allariz, que poderían empezar no verán

La Voz OURENSE

PADERNE DE ALLARIZ

xunta

A escola infantil da Galiña Azul ten un orzamento de 535.000 euros

07 jun 2019 . Actualizado ás 09:06 h.

A Xunta licitou os traballos de construción dunha escola infantil da Galiña Azul no concello de Paderne de Allariz. O novo centro ofertará 41 prazas en tres unidades. A Xunta prevé que os traballos poidan comezar este verán. A administración autonómica achega 410.000 euros e o resto, ata 535.000 euros, súmanse desde a mancomunidade voluntaria de Concellos de Ourense.