Visita ao pleno

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

O campamento de Amencer visitou o Concello de Ourense no Día do Parlamento

06 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os nenos do campamento urbano de Amencer gozaron este xoves dunha saída moi especial. Os pequenos celebraron, un ano máis o Día do Parlamento, visitando o salón de plenos do Concello de Ourense. Acompañoulles na xornada o alcalde en funcións, Armando Ojea. Os pequenos tamén visitaron o salón de plenos da Deputación provincial.