O Espazo Xove da cidade de Ourense acollerá un novo cribado este xoves

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Agostiño Iglesias

Consulta aquí como anotarche para a realización das probas diagnósticas do Sergas na capital

04 ago 2021 . Actualizado ás 16:46 h.

O Sergas notificou este mércores a posta en marcha dun novo cribado con autocita na cidade de Ourense. Será no Espazo Xove da capital, situado na rúa Celso Emilio Ferreiro. As autoridades sanitarias programaron o dispositivo de cara a este xoves, en horario de 12.00 a 14.00, e de 16.00 a 20.00 horas.

Neste sentido, executaranse probas diagnósticas con test de antígenos para a detección de posibles casos asintomáticos de covid-19. Os interesados, que están habilitados para rexistrarse ata as 11.00 horas do mesmo día do cribado, poden anotarse a través desta ligazón.