En Ourense, a curva sitúase en 2.285 casos activos de coronavirus tras detectarse novas 179 infeccións

María Cobas Vázquez
María Cobas OURENSE

OURENSE CIDADE

Los cribados buscan detectar positivos asintomáticos
Os cribados buscan detectar positivos asintomáticos AGOSTIÑO IGREXAS

Reabre a planta covid do Hospital Comarcal de Valdeorras cun paciente ingresado

22 jul 2021 . Actualizado ás 12:20 h.

Desde que comezou o mes, a curva non deixou de crecer. E segue sumando positivos. No balance do xoves 22 de xullo aparecen 179 novos casos activos de coronavirus , que elevan a cifra global a 2.285 . Nas últimas horas, 75 persoas recibiron a alta. Crece tamén o ritmo de xente que se dá por curada, ao cumprirse os 10 días do seu positivo. Aínda así, as novas infeccións detectadas a diario supoñen aínda un número máis elevado, provocando que a curva siga marcando subida.

No que afecta os concellos, Ourense e O Barco de Valdeorras seguen rompendo o seu teito de casos activos un día máis. Teñen 1.244 e 186 veciños infectados, respectivamente, o que supón as cifras máis altas de toda a pandemia. Barbadás chega a 107, e iguala o seu máximo histórico, que marcou o 3 de febreiro. Tamén segue sumando positivos O Carballiño, con 116 casos activos. O Pereiro de Aguiar e Xinzo de Limia teñen 37 casos, Allariz mantense con 35, Verín sobe a 33, Avión a 32 e San Cibrao das Viñas a 26. Celanova continúa con 25 e Ribadavia baixa a 24. Maceda sobe dous e ponse en 21, mentres que Boborás sobe a 20, Coles a 18 e Vilamartín de Valdeorras a 15. No resto de concellos hai 14 ou menos casos activos; e 8 están libres do virus.

A maioría dos enfermos están en illamento domiciliario, aínda que hai 39 persoas que precisan ingreso hospitalario. Son 5 menos que onte, aínda que hai cambios na distribución. Hai 35 pacientes en planta no CHUO, 1 no Hospital Comarcal de Verín , 1 en Cosaga e 1 no Hospital Comarcal de Valdeorras, que tivo que reabrir a planta covid, que estaba baleira desde o 12 de xuño.

Cribado en Vilamartín de Valdeorras

Seguindo a política de procura de casos asintomáticos, o Sergas convocou un cribado en Vilamartín de Valdeorras. Desde hoxe e durante varios días, hai 124 veciños de entre 18 e 38 anos citados no Autocov do Hospital Comarcal de Valdeorras para facerse unha PCR que descarte ou confirme un positivo en coronavirus .