Deteñen a tres persoas por un presunto asasinato frustrado

La Voz OURENSE / LA VOZ OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

cedida

A Garda Civil impútalles ademais tenencia ilícita de armas

27 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Garda Civil de Ourense, en colaboración co Grupo Rural de Seguridade de Pontevedra e o Servizo Cinológico, procedeu á detención de tres veciños de Monforte como presuntos autores dos delitos de asasinato en grao de tentativa, tenencia ilícita de armas e tráfico de drogas. Na operación Pensa desarticulouse unha plantación de marihuana. O operativo iniciouse o 11 de xaneiro, tras resultar ferida de bala nunha perna unha persoa que protagonizou unha discusión con outras tres en Penasalbas (Coles). Os feitos ocorreron na estrada OU-CV 406. O 23 de xuño procedeuse á detención dos veciños de Monforte e nos rexistros domiciliarios os axentes incautáronse dunha escopeta, un armazón de revólver, 1.200 cartuchos de arma curta e longa de diferentes calibres, seis teléfonos móbiles e documentación relacionada co delito investigado. Noutra casa localizouse unha plantación de marihuana e munición e o terceiro un zulo, presuntamente para ocultar drogas e armas. O xulgado de instrución número 2 de Ourense decretou o ingreso en prisión de dous dos detidos.