O ourensán David Gómez faise co Open de Ferrol de xadrez rápido

David Cofán Mazás
David Cofán OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Club Xadrez Ourense

O deportista do Club Xadrez Ourense logrou a vitoria nun esixente torneo que o enfrontou a varios xadrecistas de prestixio internacional. O seu compañeiro de club, Daniel Manrique, venceu na proba sub 10

19 abr 2021 . Actualizado ás 22:20 h.

Unha das noticias máis positivas para o deporte local produciuse o pasado sábado 17 de abril coa vitoria de David Gómez (Ourense, 1995) no Open de Ferrol de xadrez rápido, un dos torneos máis esixentes da tempada, que contou coa participación de xadrecistas de prestixio internacional como Diego Espiñeira, Luis Marcos Medrade ou o serbio Aleksa Strikovic, cuxo verdugo foi o xogador ourensán na gran final do torneo.

O Mozo Mestre FIDE (Federación Internacional de Xadrez), que pertence ao Club Xadrez Ourense arrasou no torneo tras obter pleno de vitorias, nos sete encontros disputados.

Xornada doce para o Club Xadrez Ourense

A de David Gómez non foi a única boa noticia para o Club Xadrez Ourense neste Open de Ferrol. Na proba sub 10 impúxose Daniel Manrique (aínda sub 8), que é o actual campión autonómico da categoría e finalizou o torneo con tres puntos. Un resultado idéntico ao obtido polo seu compañeiro de club, Antón Lorenzo.