Dous novos ingresos elevan a cinco os pacientes covid na unidade de críticos de Ourense

La Voz O Barco

OURENSE CIDADE

Suben los pacientes con covid ingresados en la uci del CHUO
Soben os pacientes con covid ingresados na uci do CHUO SERGAS

A curva volve subir para situarse nos 217 casos activos

16 abr 2021 . Actualizado ás 21:33 h.

A curva sinala subida de novo, ao pasar dos 205 casos que había o xoves aos 217 rexistrados o venres. Entre medias, 23 contagios e 11 altas; e tres novos ingresos hospitalarios. Xa son 16 as persoas en planta, e 5 as que están en uci, unha subida importante porque o xoves aparecían tres no balance oficial. Estes pacientes caracterízanse ademais por afrontar estancias longas na unidade de críticos, cunha media de 20 días, antes de pasar de novo a planta.

Na repartición por concellos, a curva sobe en Ourense cidade ata os 65 casos (+4), suma un no Barco ata os 23, mantense en Carballeda con 17 e con 11 no Carballiño. Xinzo e Cualedro ascenden ata os 10, Cortegada continúa con 8, Padrenda con 6 e Verín con 5. Ramirás, Lobeira e Barbadás teñen catro veciños contaxiados cada un, mentres que na Rúa, Rubiá, Monterrei e Celanova son tres. No resto de concellos da provincia hai dúas ou menos casos.

Dos contagios no conxunto da provincia, 29 están adscritos a 18 centros educativos da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Celanova, O Barco, Ourense, Verín e Xinzo. Non hai ningunha aula pechada, segundo os datos oficiais da Consellería de Educación. E non hai casos nas escolas infantís.