A Xunta rozará esta semana tres estradas comarcais

La Voz

OURENSE CIDADE

cedida

Os traballos afectan os concellos de Ourense, Allariz, A Rúa, A Gudiña, Viana do Bolo,  A Veiga, Celanova, Verea, Bande, Lobeira e Lobios

15 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta inicia esta semana novas obras de roza e limpeza en tres estradas comarcais. Comezarán os traballos en as estradas OU-525, no tramo comprendido entre a cidade de Ourense e Allariz; na OU-933, no municipio da Rúa; e na OU-533, ao seu paso pola Gudiña, Viana do Bolo, A Veiga e A Rúa. Ademais, continuarán as obras iniciadas a semana pasada, na OU-540, nos termos municipais de Ourense, Celanova, Verea, Bande, Lobeira e Lobios As intervencións teñen como obxectivo potenciar o efecto devasa das estradas; aumentar a seguridade viaria, con maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sostible a través de beirarrúas e zonas verdes para o tráfico peonil.