O picudo vermello leva por diante as palmeiras do Obispado de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

«Estaban deterioradas, e nalgunha ocasión caeron ramas á vía pública», sinalan desde a institución eclesiástica

27 ene 2021 . Actualizado ás 23:40 h.

Un grupo de operarios finalizou este martes a retirada das palmeiras situadas ante a fachada principal do Obispado, afectadas pola praga do picudo vermello, un coleóptero orixinario do continente asiático que en veces anteriores xa se cebou coa arboleda da contorna das Burgas e o xardín do Posío. As palmeiras, segundo a área de Patrimonio do Obispado, xa figuraban no arquivo fotográfico da institución nos anos 40. «Estaban deterioradas, e nalgunha ocasión caeron ramas á vía pública. Por iso optouse por quitalas», sinalan desde a institución eclesiástica.