Atropelada unha muller na vía férrea en Coles

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

Foi necesario cortar a circulación de trens entre Ourense e Monforte

25 ene 2021 . Actualizado ás 16:46 h.

Unha muller atópase ferida de consideración tras ser atropelada esta mañá na vía férrea que une Ourense con Monforte, á altura do concello de Coles. Trátase dunha veciña da Quintela de Leirado, de 46 anos. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 para atender a a muller que se atopa consciente. Tamén se desprazou á zona un helicóptero medicalizado para trasladar á ferida ao CHUO. O tren de pasaxeiros estivo parado no lugar e quedou interrompida a circulación entre Ourense e Barra de Miño, afectando os trens que realizaban o percorrido Ourense-Monforte de Lemos. Ás 11.00 horas restableceuse o tráfico.